
O primeiro dos roteiros explorará os espazos de orixe do pintor, mentres o dÃa 21 o programa revisará o Vigo vencellado a Laxeiro e a obra do autor que se expón no seu museo, e o 28 será Pontevedra quen protagonice o percurso. O historiador da cultura galega, arqueólogo e escritor Felipe Senén será o encargado de guiar cada un destes camiños.
De xeito paralelo, os concellos de Padrón, Rois e Dodro presentaban de xeito conxunto este cinco de maio o proxecto RosalÃa nos camiños. Este consiste nunha ruta de sendeirismo inspirada na obra En las orillas del Sar e que percorre algúns dos lugares máis destacados da vida e da obra da autora. O proxecto inaugúrase o vindeiro 21 de maio cunha andaina solidaria que ten aberto o prazo de inscrición.