Son d'Aldea publica na rede os vídeos da súa última edición

As catorce pezas recollen as últimas actuacións deste proxecto de teatro comunitario

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Son d'Aldea publica na rede os vídeos da súa última edición

A organización do encontro Son d'Aldea completou esta semana a publicación en Youtube dos vídeos que recollen a súa décima edición. Desde o pasado mes de xaneiro a entidade publicou as 14 pezas audiovisuais coas actuacións deste proxecto de teatro comunitario que se desenvolveu en setembro de 2021.

Co eixe nos saberes tradicionais, o equipo de intérpretes amadores recrea escenas e conflitos arredor de cuestións como as varas de medir, os usos da auga ou o traballo na aira, canda a situacións xa clásicas da cita de Santiago de Albá como é o encontro con Curuxás.

As pezas foron gravadas de xeito previo ás actuacións ante o público, que en cada edición percorre os vieiros desta aldea de Palas de Rei a atopar as historias do evento. Os vídeos complétanse cun audiovisual que resume a edición do pasado ano.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Vieiros, Medios de comunicación, Palas de Rei

Claves

Entidades
Lugares