O Museo de Pontevedra presentou onte unha colección de publicacións destinada a divulgar os fondos máis relevantes da institución. Co nome de 'Esenciais', presentará de xeito monográfico fondos emblemáticos do museo. De feito, o primeiro tÃtulo presentado está dedicado a Castelao, de quen o Museo de Pontevedra atesoura o maior número de obras e manuscritos, e logo seguirán outras pezas ou conxuntos de pezas, coma o Tesouro de Caldas, un dos conxuntos de ouriverÃa máis representantivos da Idade de Bronce atlántica. Concibidas como publicacións breves, de entre 100 páxinas do primeiro e 20-30 dos seguintes números, presentaranse en series de 10 monografÃas, que poderán ser agrupadas nun estoxo para coleccionar, e dispoñibles en galego, castelán e inglés. A monografÃa de Castelao foi elaborada por José Manuel Castaño.