Ausencias e presencias dos creadores galegos nas pasarelas de Madrid

Infraestructura e deseño

A moda galega volveu a ocupar un oco nas pasarelas madrileñas. Por unha banda na Pasarela Cibeles, onde a única representación galega, Kina Fernández, volveu a amosar as súas creacións, recuperando o colorido e as formas femininas. E pola outra banda destaca a consolidación e a incorporación de novas figuras dentro do plantel da Semana Internacional da Moda. Os nomes que repiten: Montoto, Enmanuel, D´aquela, Studio Viriato e Lan Andrius. E as novas fichaxes son as deseñadoras das firmas viguesas Mundo Nivias e Olva Santonio, Marisa Otazo e Olga Santos respectivamente. Unha mención á parte merece o deseñador estradense Jesús Sáez, que foi o invitado no desfile que a Asociación de Novos Deseñadores Españoles celebrou nunha discoteca madrileña o pasado luns. Todo para vestir a muller do verán 2002.

Cibeles


A coruñesa Kina Fernández foi a única protagonista galega da XXXIV edición da Pasarela Cibeles. A pasarela que naceu para dar unha oportunidade ós deseñadores para exhibir as súas creacións, desligándose da Semana Internacional da Moda, completanto a oferta existente. Nesta edición hai 24 deseñadores en 20 citas e cun presuposto de 240 millóns de pesetas.
E esta 34ª edición, os novos valores ocupan un lugar destacado, xa que dos 5 días de pasarela unha edición, a que se celebrará hoxe, adícase ós novos deseñadores.
Polo demais, logo de que na pasada edición volvesen Verino e Pernas tras dous anos de disidencia, ningún dos dous exhibirán as súas coleccións na coñecida pasarela este ano.
E a muller que vestirá Kina Fernández o verán do 2002 será unha muller más sensual, con moito máis colorido co protagonismo indiscutible da minifalda.












SIMM


A 46 edición da Semana Internacional da Moda pechará este domingo cun protagonismo destable das creacións galegas. Por unha banda, dentro dos 750 expositores que conforman o plantel este ano, aparecen vellos e novos nomes. Entre os vellos destacar boa parte da industria lalinense (con Montoto á cabeza, exhibindo coleccións en punto). Os novos nomes que destacan son os de dúas deseñadoras viguesas, Marisa Otazo e e Olga Santos, que traballan en Mundo Novias e Olga Santoni respectivamente. Pola súa parte, Marisa Otaza presentará unha colección de accesorios para noiva e festa, mentres que a firma Olga Santoni presenta a súa confección de punto cun deseño retro, inspirado en modelos dos 80.
POr último, o pasado luns, o deseñador estradense Jesús Sáez pechou, en calidade de invitado, o desfile que anualmente celebra unha discoteca madrileña.