O estradense Jesús Sáez estréase na sección "Novos Valores" de Cibeles

Máis moda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A moda galega contará a partires de agora cun novo referente no mundo do deseño: Jesús Sáez. A pasarela Cibeles presentará o día 16 a obra deste estradense na súa sección de "Novos Valores". Unha obra coa que presentará unha serie de modelos de festa na que a innovación se mestura cos deseños clásicos.

ENLACES RELACIONADOS
Pasarela Cibeles

Trampolín

Non é a primeira vez que Jesús Sáez acada un recoñecemento no mundo da moda. O ano pasado quedou finalista do premio Tesoira, o certame que organiza cada ano a consellería de familia epromoción de empleo, muller e xuventude e que premia ós Novos Creadores de Moda. Este estradense deixou a súa careira de enxeñe3ría de camiños dende onde pasou a Modagal, para despois licenciarse na Escola Superior de París. Na pasarela madrileña pretende exhibir unha serie de modelos de festa que pechará cun traxe de noiva, a súa propia especialidade. Sáez foi elexido para esta exposición entre un total de 18 empresas galegas.

A pasarela deste ano

Este ano a pasarela Cibeles chega á súa trixésimo terceira edición, cunha vocación de promoción internacional da esencia da moda. Do 17 ó 21 de febreiro o parque feiral Juan Carlos I acollerá a máis nutrida representación dos modistos españoles, un grupo entre os que destaca Roberto Verino que xa ten confirmada a súa presencia neste certame bianual. Verino estará este ano en Madrid dentro do apartado do "Museo da Antropoloxía" da moda.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Clásicos, Antropoloxía, Xuventude...

Claves

Entidades
Lugares