En Barcelona, o pasado venres a firma lalinense Toypes foi a encargada de poñer o acento galego na coñecida pasarela GaudÃ. Agora, este venres os selos Antonio Pernas e e Roberto Verino serán os encargados de facer o propio na outro dos grandes desfiles de moda españolas. Comeza a pasarela Cibeles.
Proxección Internacional
Dende este venres ata o vindeiro mércores o parque feiral Juan Carlos I de Madrid, acolle a trixésimo terceira edición da pasarela internacional Cibeles. Con carácter profesional en Madrid durante sete dÃas daranse cita boa parte da confección española que presentará as súas propostas para o inverno 2001-02. Javier Larrainzar, Agatha Ruiz de la Prada, Victorio & Lucchino, JoaquÃm Miró, Pedro del Hierro, compartirán pasarela coa representación galega na mostra: Kina Fernández, Antonio Pernas e Roberto Verino. Alén da importancia dos propios creadores os protagonistas desta edición serán os tecidos. O coiro e o ante serán os que máis abonden dentro das prendas que nos vestirán a próxima temporada.
A volta dos disidentes
Levaban dous anos se desfilar por Cibeles. Antonio Pernas e Roberto Verino volven outra vez a presentar as coleccións nesta pasarela. E volven mantendo a súa singularidade e ofrecendo os seus deseños no museo Antropolóxico. Deste xeito non se poden cumplir os soños do deseñador coruñés Antonio Pernas, quen querÃa amosar as súas tendencias no Museo de Arte Reina SofÃa de Madrid. De tódolos xeitos os dous disidentes volven á capital ofrecendo as súas últimas creacións, pero sempre na súa liña. Verino máis innovador ca nunca mentres, Antonio Pernas definiu a súa presentación máis nómada, animal, natural e militar, nunha liña envolvente, estructurada e fluida.