Kina Fernández abre hoxe a presencia galega na moda do outono inverno 2002

Non está de moda

Comezou a pasarela Cibeles. Desde onte Madrid vén a tomar o relevo deixado polo Salón Gaudí en Barcelona para aportar novos puntos de vista sobre como se ha de vestir á muller o vindeiro outono. E dentro das propostas entre as que figuran os nomes máis coñecidos dos deseñadores españoles tamén están os galegos. Kina Fernández será hoxe a encargada de abrir a pasarela galega, para que o xoves Antonio Pernas e Roberto Verino ofrezan as súas propostas. E todo isto no medio dun forte apoio institucional brindado trala polémica suscitada tralo interese do Goberno de promover a creación dunha Pasarlea Internacional Española (o que supón a funsión das dúas pasarelas máis importantes a día de hoxe: Cibeles en Madrid e Salón Gaudí en Barcelona). Moda de moda.

Apoio do público

A pasarela máis veterana do Estado Español cumpre 35 anos. E faino con máis polémica logo de que o goberno manifestara o seu interese por crear unha Pasarela Internacional Española que rematase coas discrepancias entre Madrid e Barcelona que abanderan as tendencias de costura do Estado. E se en Barcelona (pasarela celebrada hai unhas semanas) os deseñadores formaron un cerco para defender a súa pasarela, en Madrid os creadores fixeron ouro, pero para defender as súas propostas. "Son demasiados meses traballando como para tiralos pola borda. A protagonista agora é a roupa, do outro xa falaremos no sitio e no momento adecuado". Foron as declaracións de Roberto Torretta e así foi, os principais modistos pecharon as portas dos seus vestiarios para encargarse unicamente de preparar os desfiles para os que levaban traballando. E o público agradeceuno, sobre todo Pilar del Castillo, ministra de Cultura; Juan Costa, secretario de Estado de Comercio e para Alberto Ruiz Gallardón, presidente da Comunidade de Madrid que amosaron coa súa presencia o apoio institucional a esta pasarela. Pero, como mesmo amosaron os deseñadores, a moda foi a protagonista e os encargados de abrir a primeira sesión Javier Larraínzar, Devota & Lomba, Agata Ruíz de La Prada e Elio Berjanyer encheron a pasarela con propostas moi diferentes peroq ue tiveron como punto de conexión os tecidos (peles e terciopelos) e dúas cores: o marrón e o negro.











Os galegos


Desde hoxe ata o xoves poderanse ver sobre a pasarela a represntación galega. Unha representación que tivo moito que ver co regreso sobre as táboas de Laura Ponte, que levaba catro anos sen desfilar e que se subeu ós desfiles para exhibir os modelos de Roberto Torretta. E hoxe toma o revelo Kina Fernández, que sorprenderá cunha liña para a muller do outono e do inverno que vén con lixeiras diferencias con respecto ós seus deseños habituais. O xoves será o seguinte día "galego", e será cando Roberto Verino e Antonio Pernas ofrezan as súas propostas.












E no forro... Plan da moda

De fondo de toda esta dinámica da pasarela, iceberg de todo o proceso e fenómeno do mundo da creación (e do interese do goberno por crear unha pasarela única internacional) está o Plan da moda. Un proxecto asignado ó Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía que pretend e crear e fomentar unha estructura empresarial sólida, organizada e con capacidade de resposta para que goce da competitividade suficiente para facerlle fronte a outros sectores. Por iso o goberno marcou un Plan de moda co obxectivo de adecuar e modernizar as empresas a ese novo plan co que acaden unha estrucutura sólida e unha organización flexible con capacidade de resposta ós retos que plantexan os novos mercados. Un proxecto que non ten como obxectivo, segundo se publica na web do Ministerio, en axudar indiscriminadamente a todas as empresas que compoñen a Moda de España, senón un sistema selectivo que facilite a integración da cadea nos circuitos comerciais. E a implantación dese aporio farase a través de sociedades: de producto, de producción e de distribución. E todo para facer que a moda española sexa máis competitiva.