O venres 18 a Cibeles Madrid Fashion (antes pasarela Cibeles) terá un marcado acento galego. Ese dÃa desfilarán Adolfo DomÃnguez (17:00 horas) e Roberto Verino (21:30), no que será a súa volta a este encontro despois de varios anos á marxe. Ese venres estará tamén o deseñador ourensá afincado en ParÃs, José Castro. Pero non serán os únicos creadores galegos que exhibirán as súas propostas para a moda da primavera-verán do 2010, xa que Kina Fernández, un valor seguro da pasarela, estará persente no encontro. No marco de El EGO, a sección máis alternativa e para novos valores, estará a lalinense Marta Montoto. O encontro terá lugar en Madrid do 18 ao 22 de setembro.