Deseñadores veteranos e noveles comparten protagonismo na vindeira edición de Cibeles

O deseñador galego José Castro será o encargo de abrir o desfile

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A pasarela Cibeles abrirá as súas portas do 20 ao 24 deste mes para exhibir as creacións que vestiremos no outono e inverno do próximo ano. Nesta ocasión, o encontro conta cunha nutrida representación galega. José Castro, o modisto galego afincado en Barcelona que trunfa en París, será encargado de abrir o desfile. Un pouco antes, a lalinense Marta Montoto debutará coas súas creacións de punto en El EGO (agora integrada na pasarela). Tamén é nova no encontro María Barros, que achegará propostas cos tecidos habituais (sedas, algodóns, veludos..). Pecha a representación galega, a veterana Kina Fernández, que presentará unha liña “andróxina” pero moi fiel ao seu estilo habitual.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona

Claves

Lugares