Antonio Pernas inaugura a edición máis polémica da Pasarela Cibeles

Roupa galega de principio a fin

18/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
21 lecturas | Compartido 0 veces
As 10:30 da mañá, coas propostas de Antonio Pernas comezou a 44º edición (a de setembro, que ofrece a moda que estará na rúa no seguinte verán) da madrileña Pasarela Cibeles. O modisto galego foi o encargado de abrir o polémico evento despois das medidas adoptadas polos organizadores de prohibir desfilar as modelos que tiveran un índice de masa corporal (indicador que relaciona o peso e a altura) inferior a 18. E se o creador coruñés foi o encargado de abrir a pasarela, a tamén coruñesa Kina Fernández, será quen peche o venres, ás 20:00 horas.

Máis información no web da Pasarela e nos de Antonio Pernas e Kina Fernández


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda

Claves

Entidades