Antonio Pernas estrea en Cibeles a súa liña de vestidos de noiva

Noivas moi sobrias

Antonio Pernas acudiu onte a Cibeles para ofrecer a súa proposta de como ha de vestir a muller na primavera-verán do ano que vén. E na pasarela madrileña presentou varias novidades: a liña nupcial que pretende sacar ao mercado a principios do 2005, unha colección de gafas e unha liña de móbeis que está a punto de sacar en colaboración con Artespaña. Pernas presentou un vestiario minimalista en canto ás cores pero cun certo aire hippie. A pasarela continúa hoxe cun programa no que estará a galega Kina Fernández

Máis información no web de Cibeles