Diego Ameixeiras e Medos Romero gañan os Premios da Crítica españoles

Polas súas obras en lingua galega nos xéneros de narrativa e poesía

A Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) decidiu esta fin de semana en Valencia os destinatarios da 67ª edición dos seus premios. No relativo a obras en lingua galega, os críticos premiaron o traballo en narrativa de Diego Ameixeiras (Lausana, Suíza, 1976) pola obra 'O cervo e a sombra' (Xerais) e a poeta coruñesa Medos Romero (Somede, As Pontes, 1959) pola obra 'E o sol era Ela' (Arte de Trobar) coa que xa escritora xa galara previamente o premio de poesía Afundación 2021. Estes galardóns non teñen contrapartida económica, son premio de recoñecemento e prestixio.