
Once temas onde con espÃrito de experimentación se mesturan sons tradicionais, tribais, electrónicos e melódicos máis clásicos. Arquitecturas sonoras tan dispares coma a música barroca, o metal, o techno, cantos tibetanos, folk irlandés e bretón ou sons chamánicos dan corpo a este traballo gravado e mesturado nos Estudios Ty Awel de Vilavedelle, rematado despois nos Abrigueiro Estudios de Friol, con Arturo Vaquero. Nos temas de 'Segmento Cantábrico' hai poemas asinados por UgÃa, pero tamén do pintor vigués Enrique Gavilanes, ou saÃdos das mans de RosalÃa de Castro, de Carvalho Calero, Xela Arias ou da poeta laurentina Marina Oural. As achegas do músico, Pierre-Yves Rougier, a súa parella tamén son patentes na composición e arranxos dos temas, asà como nas voces e instrumentación cos sintetizadores. A artista comezou a xira de presentación o pasado 12 de marzo en Ribadeo. 'Mares sucados', con letra do pintor e poeta vigués Enrique Gavilanes foi o seu primeiro tema de avance deste álbum que xa se pode degustar en toda a súa variedade e complexidade, traendo ao mar diante de quen o escoite. Abre o disco 'Ser 1 Ser+', do que tamén ven de sair un videoclip.