Desde que se coñeceron en 2008 en RÃo de Janeiro, UgÃa Pedreira e Fred Martins iniciaron unha frutÃfera colaboración que se acaba de concretar en Acrobata. Trátase do primeiro traballo discográfico común que revisa a conexión galego-portuguesa-brasileira, e para o que contaron coa achega de numerosos colaboradores como Pedro Pascual. O disco chámase Acrobata, en homenaxe á ave do litoral de BaÃa que está en perigo de extinción. O Centro de Interpretación Ambiental do Parque de BelvÃs en Santiago acolleu onte o primeiro dos concertos de presentación e que repiten esta tarde. “Acrobata” foi gravado nos Estudios Beograd, o Auditorio de Galicia e o Conservatorio de Ourense. As gravacións adicionais foron feitas por Quim Farinha, Luis Peixoto, Germán DÃaz, Marcelo Martins e Marcos Suzano. Este traballo está producido e dirixido musicalmente por Pedro Pascual, misturado e masterizado en Savik Sound (Caritel-Ponte Caldelas).