Talabarte presenta o seu primeiro disco de música tradicional contemporánea

Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García compoñen o grupo

16/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Música acústica que parte da tradición contemporánea, esta é a aposta de Talabarte, unha formación que presenta agora o seu primeiro disco. Tangos, folk, jazz ou a música popular galega e europea mestúranse nun proxecto que conta con tres pesos pesados do actual panorama folk no país: O violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane). O disco, que achega catorce temas, estará dispoñible tanto en formato físico como de xeito electrónico, a partir do vindeiro 20 de xuño.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Susana Seivane, Jazz, Marful...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos