O grupo Xochilmica grava na Casa das Crechas un tema para o seu próximo disco

Xochilmica soan na Casa

23/5/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Este xoves día 24 o grupo Xochilmica entrará no pub Casa das Crechas de Santiago para executar e gravar en directo un dos temas que encherán o seu próximo disco. Con esta finalidade sobre as 22:30 horas reuniranse no local compostelán con colaboradores de luxo como o mestre gaiteiro Edelmiro Fernández, con Pedro Pascual (Marful, Talabarte Trio), con Santi Cribeiro e Quin Fariña (Berrogüetto) , Manuel Amigo (Dhais) e as voces das pandereteiras de “Cantigas e Agarimos”. A Casa Das Crechas, un dos maiores santuarios da musica folk en Galicia fai este ano o seu vinte aniversario e vai servir a Xocilmica coma marco perfecto para esta gravación. Xochilmica ven actuando desde o ano 2003, o seu primeiro disco “5 elementos gravouno como resultado de ter gañado o “V Certame de Música Folk de Radio Obradoiro”.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Casa das Crechas, Folk, Cantigas e Agarimos, Marful...