O Parlamento premia a labor das tres institucións estatutarias

O Consello da Cultura Galega, o Valedor do Pobo e o Consello de Contas foron recoñecidos no evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

O Estatuto de Autonomía de Galicia previu no seu articulado a creación do Consello da Cultura Galega. É un fenómeno singular dentro das autonomías nas diferentes rexións europeas. E este é un dos motivos polos que o Parlamento de Galicia outorgou as súas medallas a esta institución e ás outras dúas que figuran no texto fundacional: o Valedor do Pobo e o Consello de Contas. O acordo unánime da Mesa da Cámara recoñece que "estas institucións desenvolveron as funcións que lle foron encomendadas, ao tempo que contribuíron de maneira destacada ao afianzamento do autogoberno de Galicia e con plena lealdade ás restantes institucións da Comunidade Autónoma e do Estado". A Presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, celebrou o premio e lembrou os redactores do Estatuto de Autonomía que recoñeceron “a importancia da cultura como xustificación da autonomía e piar da súa arquitectura institucional”.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Valedor do Pobo, Estatuto de Autonomía, Rosario Álvarez...