Ata o momento Galicia carecÃa de representantes destacados na música de órgano durante a Idade Moderna.No entanto, en 2021 descubrÃase que Bartolomé Olagüe, un dos principais nomes deste perÃodo a nivel ibérico nacera en Santiago e desenvolvera a maior parte da súa carreira no mosteiro de Sobrado dos Monxes. O achado sitúa o noso paÃs como un foco de interese internacional neste ámbito, e promete ser o comezo de toda unha serie de iniciativas de recuperación arredor desta figura.
O manuscrito Libro de Cyfra adonde se contem varios Jogos de Versos e Obras, e outras curiosidades, conservado na Biblioteca Municipal do Porto, está considerado desde hai anos como unha das principais obras sobre a música de órgano na PenÃnsula Ibérica dos séculos XVII e XVIII. Entre os diferentes traballos que recolle esta obra, destaca o nome de Frei Bertomeu de Olagüe, ou Bartolomé de Olagüe, a quen se lle atribúe unha terceira parte das composicións recollidas, un volume que fai del un dos principais compositores do perÃodo neste espazo xeográfico. No entanto, non se sabÃa nada da súa figura ata que, casualmente, o investigador Andrés DÃaz, especializado nos órganos desta época, atopou o seu nome. "Eu dedÃcome a investigar sobre órganos e músicos en Galicia e no Arquivo do Reino de Galicia teñen bastante documentación de Sobrado dos Monxes. A curiosear un libro de actas cando estaba a procurar outra cousas saiu este nome, a quen presentaba novicio. Penso que ata din un chimpo no asento cando o lin", recoñece este investigador.
Formación en Compostela
Os documentos de sobrado permitiron completar a biografÃa dun músico de quen, ata o de entón nada se sabÃa. "Só era coñecido a través dese manuscrito, que recolle obras dunha quincena de autores españoles de órgano desde comezos do século XVII ata o XVIII. Andrés Cea, que fixo unha tese sobre o documento xa apuntaba que a obra podÃa ter vinculación con Galicia, pero non se sabÃa nada concreto". A pescuda de DÃaz permitiu comprobar como Olagüe era fillo doutro Bartolomé de Olagüe, coengo, Mestre de Capela e polo tanto responsable máximo da música da Catedral de Santiago no seu momento. "Olagüe fillo naceu en Santiago en 1562, e debeu quedar orfo de pai cando tiña uns seis anos. Da nai non se sabe nada, e suponse que foi acollido polos compañeiros e discÃpulos do pai, que lle deron estudos e o formaron como organista", explica este investigador. O feito de ser fillo dun relixioso fixo complexo localizar a súa partida de bautismo, xa que o nome do pai non aparece na mesma.
Carreira en Sobrado
No seu ingreso como novicio en Sobrado, en 1667, xa conta con esta profesión, e durante catro décadas desempeñarÃa o posto neste mosteiro. "Logo, en 1707, foi ao mosterio de Santa Ana, en Madrid, onde morreu en 1722". Deste xeito, o groso da súa obra se desenvolveu no noso paÃs. "É o primeiro organista barroco que temos en Galicia que conta cunha obra relevante, e a non moita distancia da produción dos máis importantes do Estado no momento". Deste xeito, figuras como Pablo Bruna, contan cunhas dezanove composicións de entidade fronte ás catorce ou quince de Olagüe. Deste xeito, a descuberta da orixe deste organista "é importante non só para a música en Galicia senón a nivel peninsular. Axuda a centrar este libro, que é relevante nun momento no que non se editaba moita música. Xa nos anos 50 se fixo unha tese sobre este manuscrito e unha primeira transcrición, realizada en Estados Unidos polas máximas autoridades internacionais en música antiga".
Intéprete e compositor
O papel que tiñan os organistas naquel momento no marco das institucións relixiosas resulta difÃcil de imaxinar hoxe. "En todos os mosteiros habÃa un ou dous organistas, tanto nos masculinos como nos femininos, e nalgúns mesmo habÃa unha capela musical. En Sobrado mesmo chego a documentar momentos nos que habÃa tres organistas. E logo todos os grandes mosteiros tiñan órganos, en Compostela podÃa haber vinte e cinco ou trinta". Estes organistas, encargábanse de interpretar diferentes pezas nas misas diarias. "Daquela a música era parate fundamental da liturxia", lembra DÃaz. Pero, alén da interpretación, "un organista daquela era o segundo en categorÃa por tras só do mestre de capela. Tiña que ser un compositor e ter unha grande habilidade de improvisación, xa que moitas das pezas non estaban escritas. Ademais, nos contratos dos músicos especificábase que tiñan que ensinar o seu instrumento aos membros do coro que o desexasen. Entón eran músicos moi competentes, con coñecementos sólidos de composición para o seu instrumento e certos fundamentos creativos" explica este investigador. "Nos exames para acceder ao posto mandábanlles facer pezas a partir dun himno ou dunha melodÃa e tiñan que saber os cantos máis habituais para poder acompañalos sen ter partitura, a improvisar para acompañar o coro. No caso de ausencia do mestre de capela, o organista asumÃa as súas funcións e compuña para toda a capela e dirixÃa as interpretacións". Nese sentido, na época "habÃa un repertorio máis ou menos estándar para as misas, e estudábanse mestres recoñecidos que eran referentes. O propio manuscrito que recolle as obras de Olagüe ten tamén obras de autores de case cen anos de antigüidade".
A obra
O traballo que se conserva de Olagüe consiste pois en pezas de carácter litúrxico. "TerÃa moitÃsima máis obra, pero perdeuse para sempre", advirte DÃaz. "Hai algún canto, e tres xogos de versos, que eran pezas breves que se intercalaban nos cantos a capela". Estes xogos "utilizábanse moito nos mosteiros, e os seus, mesmo sendo curtos, son enxeñosos e moi bonitos. Logo ten pezas do tipo que se coñecÃa como tientos ou obras, que son máis longas, algunhas xa con bastantes compases. E tamén ten os coñecidos como rexistros, nos que unha man fai a melodÃa solista no teclado". Se contamos os xogos por separado, a súa obra suma arredor de vinte e seis pezas.
O momento
A época do compositor non foi a máis brillante para o órgano peninsular, xa que "nese momento case non se imprimÃa música na PenÃnsula e habÃa un panorama bastante singular. Foi no século XVIII coa dinastÃa dos Borbóns que comezaron a aparecer pezas de autores franceses e italianos, pero cos Austrias habÃa pouco contacto coa música europea", explica. Nese contexto fÃxose o manuscrito que nos achegou a obra deste organista. "Penso que propio manuscrito foi copiado en Galicia por algún monxe portugués organista que estivo en Sobrado. Atopei rexistro de dous que estiveron alÃ, e ambos son candidatos a ter copiado esta obra para lla mandar a compañeiros de Portugal".
Os primeiros froitos
O impacto desta descuberta no panorama musical do paÃs está aÃnda a dar os seus primeiros pasos. Entre estes, o festival De lugares e órganos, que se celebra anualmente en Compostela, promete reservar a partir da súa edición 2022 espazos para dar a coñecer a obra deste redescuberto músico. "Agardamos que o ciclo lle dea un impulso ao coñecemento da súa figura", recoñece DÃaz, que fai parte da organización. "Mentres eu poida influÃr no programa procurarei que estea presente. Paréceme algo bonito que os músicos de fóra inclúan nos seus recitais un compositor local. No futuro mesmo se pode pensar en facer un concerto no que el sexa protagonista". Xa nesta mesma xeira o propio investigador presenta os seus achados sobre a figura nunha conferencia que se desenvolverá o vindeiro 14 de abril en San Domingos de Bonaval. Ademais, interesou nas obras de Olagüe a varios dos músicos que fan parte do programa, de xeito que incorporaron varias pezas do compostelán aos seus recitais. "PedÃmoslle a dous dos intérpretes que tocasen obras súas", e asà no concerto de Michel Schöch e Annelie Gahl en San Paio de Antealtares poderán ouvirse algúns dos xogos de versos que o organista barroco compuxo en Sobrado. Pola súa banda, "no concerto de Marta Flórez e Marés Sonoras na Igrexa da Universidade vai soar a Xácara", peza máis coñecida do autor. "Vai ser algo orixinal porque se vai interpretar en diálogo" entre órgano e saxofón.
O futuro de Olagüe
De cara ao futuro, DÃaz anuncia a intención de realizar unha nova transcrición das obras de Olagüe, de xeito que sexa máis sinxela a súa incorporación aos repertorios organÃsticos habituais en intérpretes de todo o mundo. "É interesante facer unha transcrición nova das súas obras a partitura, xa que a primeira que se fixo ten sesenta ou setenta anos e non é fácil de atopar. Desde aquela tamén se avanzou no coñecemento do instrumento e do sistema de escritura, e unha nova edición pode animar a que se coñeza máis", apunta, a lembrar que o manuscrito no que se conservan as obras e Olagüe "está escrito en cifra, un sistema que xa naquela época estaba a quedar en desuso", e que complica o acceso ás pezas por parte de intérpretes dos nosos dÃas. Canda a isto reclama a necesidade de "facer un estudo crÃtico da súa obra, poder gravar algunha parte e completar os datos do estudo biográfico sobre a súa figura, e contextualizar o momento musical que vive Galicia nese perÃodo", un proxecto para o que, sinala, está xa a procurar apoios. Olagüe acaba de chegar.