Xunta de Galicia, Real Academia Galega e Consello de Cultura Galega daban a coñecer na mañá deste 30 de marzo a programación oficial do Día das Letras Galegas 2022, que conta coa colaboración da CRTVG, a comarca de Valdeorras ou a Deputación de Ourense entre outras entidades. As homenaxes a Florencio Delgado Gurriarán inclúen propostas xa clásicas como o simposio monográfico que a Academia lle dedicará ao autor este novembro ou a sesión plenaria que se desenvolverá na aldea de Córgomo o propio 17 de maio.
O Consello da Cultura Galega, pola sua banda, artellará o vindeiro mes de xuño na Illa de San Simón un congreso sobre a importancia do exilio na creación de identidades, na que se estudarán o exilio republicano em México e a figura do homenaxeado. En total, segundo adiantou a Consellería de Cultura a presentación, serán máis de 150 actividades as que se desenvolverán nos vindeiros meses a lembrar o poeta de Valdeorras.
A grande exposición da homenaxe deste ano será Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños. Comisariada por Ricardo Gurriarán, combinará catorce paneis explicativos que percorren a vida e a obra do autor cunha selección de obxectos persoais do autor, cedidos pola familia. A mostra poderá verse no O Barco de Valdeorras, en Ourense e en Santiago de Compostela. Canda a ela, a mostra didáctica Compromiso na distancia poderá verse entre maio e decembro en Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Vigo, Celanova, Chantada, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña.
No campo das publicacións, a RAG adianta a presentación do discurso de ingreso de Delgado, así como unha edición anotada da entrevista que a antropóloga Dolores Pla lle realizou ao autor no ano 1979 e un volume de correspondencia. Estes lanzamento súmanse ao habitual Boletín monográfico da entidade e a contidos no web da institución e no portal Primavera das Letras, que presentou recentemente. Desde o CCG, pola súa banda, editarase unha versión facsimilar do Cancioneiro da loita galega, cun estudo introdutorio de Xesús Alonso Montero e notas de Ricardo Gurriarán.
Na presentación adiantáronse tamén novos lanzamentos editoriais arredor do autor, que se suman ao xa anunciados por Xerais, Galaxia ou Bolanda. Deste xeito, Ir Indo presenta este ano Florencio Delgado Gurriaran: nosa Galicia e mais que, de Tanis Pérez e Xosé Ramón Campos, e mais unha guía de traballo sobre As letras de Florencio da man de Débora Álvarez Moldes .Desde a Deputación de Ourense, pola súa banda, anuncian o documental Florencio na Terra, de D. Docampo, coordinado por Aser Álvarez, de Arraianos Producións.
Unha proposta escénica súmase á celebración da man da compañía de títeres Fantoches Baj en colaboración coa Consellería de Cultura. Tras os Vieiros de Florencio será un espectáculo de teatro de obxectos que mostra a traxectoria, a obra e mais a poética do homenaxeado a partir da entrevista com Dolores Pla e a mesturar os textos deste encontro cos poemas do homenaxeado.
Dentro da programación especial da CRTVG con motivo desta data adiántase a celebración, o propio 17 de maio, de Tanxuverbena, "unha verbena artellada arredor de Tanxugueiras, formación musical que puxo en valor e tamén de moda a lingua e a tradición galegas. Para isto, xúntanse no mesmo escenario dous fenómenos galegos do momento: no eido musical, Tanxugueiras, e no eido das redes sociais e da televisión, Esther Estévez, presentadora do espazo da CRTVG sobre a lingua #Dígocho eu". Para a mesma data prevese a estrea televisiva do filme Ons de Alfonso Zarauza, canda a unha versión remasterizada do clásico Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro.
Empresas como Gadisa, Vegalsa-Eroski, Renfe ou a cooperativa CLUN súmanse á celebración con agasallos e actividades de divulgación da figura protagonista da data, como é habitual. A estas propostas engádense os diferentes certames e celebracións en Centros de Ensino, ás que este ano se suma unha serie de rutas educativas pola comarca de Valdedeorras. Tamén as bibliotecas do pais e toda unha serie de espazos da comunidade galega no exterior participan das homenaxes con diferentes propostas.
Dosier completo da Consellería de Cultura coas propostas para o Día das Letras 2022..O Consello da Cultura Galega, pola sua banda, artellará o vindeiro mes de xuño na Illa de San Simón un congreso sobre a importancia do exilio na creación de identidades, na que se estudarán o exilio republicano em México e a figura do homenaxeado. En total, segundo adiantou a Consellería de Cultura a presentación, serán máis de 150 actividades as que se desenvolverán nos vindeiros meses a lembrar o poeta de Valdeorras.