O xénero negro conflúe no Colón Noir

O ciclo arrinca este xoves 31 de marzo con filmes e conversas con escritores

29/3/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaaudiovisual
34 lecturas | Compartido 0 veces

O xénero negro a través de diferentes formatos e linguaxes. A partir deste xoves 31, coa proxección de Fargo (1996), iníciase na Coruña "Colón Noir". Un ciclo de cine fórum, no que a proxección de destacados filmes de xénero negro como O carteiro sempre chama dúas veces (1981) o día 21 de abril, ou Plein soleil (1960) o 9 de xuño, irán acompañados ao final de debates con escritores galegos como Nieves Abarca, Diego Ameixeiras e Domingo Villar, respectivamente. As entradas para os filmes pódense adquirir en Ataquilla.com. O evento está coordinado por Javier Trigales e promovido polo concello coruñés.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Escritores, Domingo Villar, Diego Ameixeiras...

Claves

Entidades
Lugares