Nesta fin de semana sucédense as celebracións de homenaxe a Ricardo Carballo Calero. O 50 aniversario do seu nomeamento como primeiro catedrático de LingüÃstica e Literatura Galega e mais os trinta e dous anos do seu pasamento están a ser conmemorados con diferentes actos, con especial presenza dos que se celebran en Ferrol.
Nesta cidade a Fundaçom Artábria convocou para este 26 de marzo un acto poético diante da casa natal do autor no que participarán Loreto de Castro, Omar Yáñez e Iolanda Gomis e haberá unha ofrenda floral coa ambientación musical de Xoldaina. Para o dÃa seguinte este colectivo, canda a outras entidades da cidade, convocou unha mobilización para reivindicar a recuperación da casa do autor, en ruÃnas e pendente de rehabilitar desde hai anos.
A coincidir con estas homenaxes, o venres 25 o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela acolle a presentación do volume Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesÃa, teatro e narrativa. Esta obra de Manuel Castelao Mexuto e MarÃa Pilar GarcÃa Negro compila en máis de 600 páxinas o conxunto de traballos do homenaxeado no DÃa das Letras de 2020 da man de Biblos Clube de Lectores.
En Carballo, pola súa banda, o Foro Espiral Maior acolle este sábado 26 a presentación do libro Carvalho sempre. Alustres de vida e obra, publicada en 2020. No acto os autores, LuÃs G. Souto e Tareixa Roca compartirán mesa con Manuel Castelao e con Miguel Anxo Fernán Vello.
A Mesa pola Normalización, o Concello de Ferrol e mais a Universidade da Coruña adiantaron as súas homenaxes ao catedrático ao xoves 24, coa plantación dunha árbore e a instalación dunha placa na súa honra no campus de Ferrol.