
A actuación este sábado ás 12 do mediodía de Guadi Galego no Colexio Raíña Fabiola inaugura o ciclo. O edificio é obra do arquitecto italiano Giorgio Grassi, e Cadaval dará as claves desta construción. Os seguintes concertos itinerantes deste ciclo serán o 18 de xuño, co concerto de Laura Lamontagne & Picoamperio, Xardín das Pedras na Biblioteca de Fonseca; o 17 de setembro co concerto de Abraham Cupeiro no Museo de Historia Natural no Parque de Vista Alegre; e o 3 de decembro co concerto de Xan Campos Trío na Praza de Aurelio Aguirre en Conxo. As entradas para os concertos, que son gratuítos, pódense reservar na web de reservas.gal, no apartado "Onde a música habita". O ciclo foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente do COAG Santiago, Ángel Cid, quen amosou o seu desexo de que esta iniciativa "se convirta nun ciclo estable dentro da programación cultural da cidade, ademáis de ser un proxecto exportable a outras cidades".