A primeira edición do premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas coa colaboración da SecretarÃa Xeral de Cultura, ten xa gañadora. MarÃa Canosa impúxose como vencedora do galardón coa obra TravesÃa unicornio, que foi seleccionada polo xurado entre as 21 propostas presentadas ao certame.
A obra, segundo o fallo do xurado "destaca por unha coidada proposta teatral, na que salienta o tratamento do absurdo e a caracterización dos personaxes a partir de valores como a amizade, a cuestión de xénero e a identidade". Ademais, presenta "un alto valor literario" a propor unha historia que "parte dunha situación moi teatral para pór en escena unha peza que se vai desenvolvendo cara o absurdo".
O xurado do galardón, dotado con 1.000 euros, estivo composto por Dolores Vilavedra, Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto de entrega do galardón celebrarase o vindeiro domingo 27 de marzo na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces), ás 17.30 horas.