Andrea Maceiras gaña o premio Anaya con Alma de elefante

A obra sairá á venda este 31 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Andrea Maceiras gaña o premio Anaya con Alma de elefante

Este 31 de marzo chegará ás librarías Alma de elefante, a obra coa que a galega Andrea Maceiras acaba de se impor no XIX Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil. Segundo anunciaba esta editorial o pasado día 11, o xurado seleccionou este traballo para o galardón, que conta cunha dotación de 12.000 euros en metálico.

Maceiras propón nesta obra, para público a partir de oito anos, a aventura de dous irmáns, un deles autista, para salvar un elefante das mans do seu dono. Un percorrido pola selva asiática serve de base para un canto ao amor fraternal, a aceptación e a busca do coñecemento. Temas como as pegadas do turismo na natureza, o maltrato animal ou a solidariedade danse cita na obra.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Andrea Maceiras, Literatura, Turismo, Natureza

Claves

Protagonistas