A coincidir co DÃa da Muller, este 8 de marzo sucédense as propostas culturais de conmemoración. Entre estes, o Arquivo de Galicia, situado na Cidade da Cultura, abre na mañá desta xornada a exposición Mulleres sobranceiras: entre a economÃa doméstica e o mundo empresarial. Unha selección de fondos da entidade explica, en seis vitrinas "o papel desenvolvido polas mulleres na economÃa familiar ao longo da historia, tanto no ámbito doméstico como a través da súa participación no mercado laboral".
Tamén o Consello da Cultura se suma a esta celebración cunha actualización especial de A Saia, o seu repositorio de publicacións feministas e LGBTIQ+. Desta volta, o web deste proxecto suma os dous números da pioneira publicación Alborada, lanzada en Vigo en 1966 por mulleres vinculadas ao Partido Comunista de España. A este súmase o número 6 bis de Area, revista de Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG). Finalmente, o repositorio incorpora 26 novos números da segunda época de Andaina, publicación da organización Andaina de Mulleres, que saÃron á luz entre 1999 e 2008.