A Saia incrementa a súa colección de publicacións históricas feministas

Inclúe a revista clandestina A muller e a loita

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A colección dixitalizada de publicacións periódicas feministas >A Saia, xestionada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e ADHUC Teoria, Gènere, Sexualitat da Universitat de Barcelona incorpora a publicación A muller e a loita, editada na clandestinidade en Vigo polo Movimiento Democrático de Mujeres de Vigo entre 1971 e 1976.

A Saia é un proxecto conxunto do Consello da Cultura Galega, a través da súa Comisión de Igualdade, e ADHUC, un grupo de investigación da Universitat de Barcelona. Iníciase en 2012 e toma o nome da publicación A Saia, a primeira revista feita por un colectivo feminista independente en Galicia. O obxectivo último desta proposta pasa por poñer a disposición do público unha documentación de utilidade para todas as persoas interesadas nos feminismos e na historia contemporánea. Nestas publicacións pódense documentar con moito detalle os debates sobre as accións reivindicativas, o pensamento e as formas de creación xeradas así como as recorrentes revisións sobre a articulación do suxeito político do feminismo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Erguer A Saia en rede

Erguer A Saia en rede

O Consello da Cultura Galega presenta unha hemeroteca de publicacións feministas en liña

Faixas para o 8 de marzo

Faixas para o 8 de marzo

O Álbum de Mulleres achega unha selección de faixas históricas do feminismo galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Igualdade, Consello da Cultura Galega, Barcelona

Claves

Conceptos
Lugares