Faixas para o 8 de marzo

O Álbum de Mulleres achega unha selección de faixas históricas do feminismo galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Faixa para conmemorar o 8 do marzo realizada nos anos 80

Faixa para conmemorar o 8 do marzo realizada nos anos 80

A partir do traballo arquivístico da Comisión de Xénero do Consello da Cultura Galega, o Álbum de Mulleres publica no seu Especial 8 de marzo unha galería de faixas históricas das revindicacións feministas do noso país. A reivindicación do divorcio, a loita contra o sexismo na xustiza, o dereito ao aborto ou os despidos por cuestión de xénero son algúns dos temas que se tocan nesta colección, que permite seguir de xeito cronolóxico a loita das mulleres galegas. A iniciativa coincide co centenario da instauración do 8 de Marzo como Día da Muller, e inclúe tamén a publicación dun novo artigo sobre a orixe desta data, así como a publicación en liña de A Saia, primeira revista do feminismo organizado galego.

Galería de faixas dos anos 70 no Especial 8 de marzo do Álbum de Mulleres

Galería de faixas dos anos 80 no Especial 8 de marzo do Álbum de Mulleres

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Especial 8 de marzo

Especial 8 de marzo

O Álbum de mulleres oferta un amplo contexto sobre o Día da Muller Traballadora

Un mapa de Xohana Torres

Un mapa de Xohana Torres

A Comisión de Igualdade do CCG estrea a sección 'Cartografías' no Álbum de Mulleres

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Galería, Xénero, Culturagalega...