Achegar ao mundo da investigación e ao público en xeral publicacións fundamentais para entender o movemento feminista galego e a historia do noso paÃs no final do século XX. Este é o obxectivo da Hemeroteca Feminista Galega A Saia que presentaba onte o Consello da Cultura Galega. Números Ãntegros e indexados das históricas revistas A Saia, Andaina e Festa da Palabra Silenciada inauguran un proxecto chamado a medrar.
AÃnda que os anos oitenta poden semellar un perÃodo ben coñecido a nivel histórico, na realidade hai ocos de importancia na documentación sobre esta época. Un caso paradigmático era o das publicacións periódicas feministas editadas no paÃs, unha serie de documentos de grande importancia para comprender este perÃodo que ata o momento ficaron fóra do alcance da investigación e do público xeral, a miúdo relegadas a arquivos privados. Onte, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega en colaboración co Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona daban á luz A Saia. Hemeroteca Feminista Galega, un proxecto que recupera e dá a coñecer unha boa parte deste material. Segundo explicou Helena González, coordinadora canda a Mariam Mariño do proxecto, durante a presentación, “trátase dun material imprescindible para facer a historia da Galicia dos anos 80”.
Material en risco
O web agora posto en marcha describe as cabeceiras, achega reproducións facsimilares dos exemplares e enriquece os seus contidos cunha serie de Ãndices documentados que permitiron atribuÃr a autorÃa de moitos artigos e coñecer mediante un sistema de etiquetado os contidos de cada texto. Ademais a descrición exhaustiva de cada publicación achega datos como a periodicidade, o número de páxinas, se incluÃa publicidade ou mesmo o prezo de venda. MarÃa Xosé Agra, coordinadora da Comisión da Igualdade do CCG, lembrou pola súa banda que o material agora recollido “corrÃa o risco de se perder. Moitas cabeceiras xa non se editan, ou pertencÃan a colectivos hoxe desaparecidos. Entón fican coleccións nas mans de persoas particulares, e é pola súas doazóns e mais pola colaboración de organizacións que podemos ter este material e polo a disposición da cidadanÃa e das investigadoras”.
Algunhas descubertas
Xa o propio proceso de documentación e dixitalización das cabeceiras deu para facer algunhas descubertas sobre estas revistas e os movementos que as creaban. AsÃ, Helena González, lembra que “estes contidos van para alén da historia galega. Neste proceso comprobamos a existencia dunhas redes informais entre grupos e revistas de toda Europa. Os colectivos galegos estaban en contacto cos seus homólogos españois, cataláns, italianos, franceses, portugueses ou sudamericanos”, asegura. “Isto muda o xeito en que se conta a Historia dos anos 80. Mesmo investigadoras italianas viron apaixonante analizar estas redes”. Outra achega que se desprende xa da dixitalización foi a información que achega a descrición de ilustracións e fotografÃas presentes nestas revistas. Segundo apuntou González, “isto amosa o xeito en que se empregaba a imaxe como ferramenta de combate. Ademais de documentar accións, manifestacións e actividades, permitiu recuperar os lemas de moitas faixas”. A maiores, ferramentas como os Ãndices documentados “amosan a importancia do encontro entre o movemento feminista, o pensamento crÃtico e a creación, un triángulo que permite entender a actual forza do feminismo galego de hoxe. Mesmo dentro das diferentes visións que existen sempre se verifica unha posición de raigame coa idea de nación, mesmo desde unha perspectiva crÃtica”, lembraba Helena González.
A vixencia dos debates
No entanto, unha cuestión que as coordinadoras coincidiron en sinalar como das principais achegas do proxecto, é amosar como moitas das cuestións que estas publicacións históricas denunciaban continúan en plena vixencia. “Non se trata só de recoñecer a xenealoxÃa das reivindicacións de hoxe, senón que este material serve como base na que prender debates actuais. Estas publicacións interpélannos en cuestións que se manteñen de plena actualidade”, sinala González. Textos sobre o aborto ou a representación de modelos de feminidade nos medios amosan como moitas destas cuestións continúan abertas. Mariño, pola súa banda, sinalou que o proxecto continuará no futuro coa dixitalización de novas cabeceiras que xa están en mans das coordinadoras do proxecto. No, entanto advirte do reto que supón este traballo. “Nalgúns casos non temos aÃnda coleccións completas, e mesmo hai dúbidas de que se conserve algunha”. Deste xeito, a presentación do proxecto quixo servir tamén como un chamamento á colaboración cidadá para completar estes fondos.
Xornada
Para completar a presentación do proxecto, a sede do Consello acolleu na tarde onte unha nova xornada dos encontros sobre Xénero e Documentación. Na mesma interviron Sabela Mouriz, Nanina Santos e mais MarÃa Xosé Queizán, destacadas promotoras das publicacións agora dispoñibles na rede. Nas súas intervencións, que están dispoñibles tamén no web do Consello da Cultura, contextualizaron o desenvolvemento destes proxectos e explicaron as súas experiencias cos mesmos.