O actor lugués Chechu Salgado (Sober, 1991), recente gañador do Goya ao mellor actor revelación polo seu papel no filme 'As Leis da fronteira', recibirá o premio 'Ourense' do vindeiro OUFF. A decisión comunicoulla directamente ao intérprete o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, tras reunirse con el no pazo provincial. O presidente da Deputación, despois de consultalo coa Fundación Carlos Velo e a organización do OUFF, propuxo ao actor ourensán para o premio. Salgado recollerá o galardón durante a próxima 27ª edición do OUFF, que arranca o vindeiro 23 de setembro. O actor destacou o apoio da Deputación ao sector audiovisual: "Quero agradecer a Deputación o apoio que fai ao cinema, que é moi necesario e moi importante para todos os que nos adicamos a esto". Precisamente, Chechu Salgado está traballando agora na serie 'Hotel Valquiria', unha produción galego-portuguesa patrocinada pola Deputación de Ourense.
Tamén se soubo esta semana que o actor será o encargado de pronunciar o pregón da XLII Feira do Viño de Amandi na súa vila natal en Sober (Lugo). Chechu Salgado será o pregoeiro deste evento que se vai celebrar na localidade os dÃas 9 e 10 de abril. Cando recibiu a proposta por parte do Concello de Sober non o dubidou e manifestou sentirse moi agradecido e "desexando que chegue ese dÃa que vai ser inesquecible". O Concello de Sober quere con esta elección recoñecer o traballo que o mozo está facendo no mundo audiovisual "no que aÃnda lle quedan moitos éxitos que colleitar" e, ao mesmo tempo, contar cun pregoeiro de excepción, de actualidade e un orgullo para todos os veciños e veciñas.