A tendencia demográfica á baixa que acusa Galicia nos últimos anos ten a súa clara repercusión na matrÃcula escolar. E é que mañá, antes do habitual, comeza o curso escolar 2001-2002. E faino con 6.300 alumnos menos. Pero hai máis novidades; primeiro que a ConsellerÃa de Educación decidÃu a última hora que se suprimirán os ciclos formativos de FP con menos de oito alumnos matriculados; segundo que desaparece o COU paralalelo á implantación do segundo curso dos bacharelatos Logse; e en terceiro lugar, de momento non se instaura a figura do acompañanante.
Decisións de última hora
A supresión dos ciclos formativos de FP con menos de oito alumnos matriculados é a última decisión que tomou a ConsellerÃa de Educación. Unha decisión que supón un cambio na Xunta que a semana pasada mantiña unha negativa á súa eliminación. Segundo Celso Currás, manter activos ciclos con menos de oito alumnos supón un custo de de case un millón de pesetas por estudiante. Polo demais, Currás tamén recordou que o mÃnimo estipulado por lei é de trinta alumnos e que aqueles que non teñan praza en cursos formativos que non cumplan os minimos integraránse en estudios semellantes.
Outras das novidades deste curso 2001-2002 é que mañá entra en vigor o polémico decreto do Ministerio de Fomento para mellorar a seguridade no transporte. Un decreto que establece que irá un neno por cada asento. De momento, a figura do acompañante e a modernización da flota serán medidas que se han de ir incorporando progresivamente.
Menos alumnos pero non menos profesores
260 aulas dos centros galegos estarán baleiras mañá. E é que o inicio do curso escolar trae a 406.875 alumnos de estudios non universitarios. 6.300 nenos menos que o ano pasado nestas datas. Unha reducción do 1.5% con respecto á última matrÃcula e que frena un pouco o recorte que se sufrÃu en anos anteriores. De feito o ano pasado o curso iniciouse con 17.600 alumnos menos. Pero a merma de alumnos non supón un descenso no número de docentes, de feito, o conselleiro de Educación adevertiua que o plantel do profesorado se incrementou en 300 docentes e 150 traballadores non docentes. Unha medida que pretende amosar un ensino de cualidade.
Reducción das vacacións
O curso comeza o dÃa 13 en Galicia. Dous dÃas antes do que viña sendo habitual nos calendarios escolares. De feito o novo curso aumentou en tres dÃas lectivos para Infantil e Primaria e en Secundaria cinco dÃas. E é que para o conselleiro de Educación "as vacacións son demasiado longas. Os alumnos perden o hábito de estudio e de traballo", por iso a tendencia apostará pola reducción das vacacións de verán.
Mañá será dÃa lectivo en todos os centros agás en 600, que foron nos que se acometeron as reformas precisas para acondicionar os centros para o novo curso. Deste número, case 400 pretende reparar danos ocasionados polos temporais deste inverno e que supuxeron un custo ás arcas públicas de 2.600 millóns de pesetas.