O escultor Francisco Leiro ingresa na Academia de Belas Artes de San Fernando

É o único galego que fai parte do pleno da prestixiosa institución española

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Francisco Leiro. Fonte: Academia de Belas Artes de San Fernando.

Francisco Leiro. Fonte: Academia de Belas Artes de San Fernando.

O pleno da Real Academia de Belas Artes de San Fernando acordaba este luns 14 de febreiro integrar o cambadés Francisco Leiro como novo membro numerario. O flamante académico incorpórase á prestixiosa institución estatal como compoñente da sección de escultura, disciplina na que desenvolve a súa actividade creativa. Con esta elección, Leiro convértese no único galego que na actualidade fai parte desta entidade.

A candidatura de Leiro foi proposta polo arquitecto Alberto Campo Baeza e polos escultores Juan Bordes e Blanca Muñoz, que tamén leu a laudatio do creador galego. A Academia destaca o ser "un referente da escultura contemporánea" e a súa presenza en circuítos artístico internacionais co súa colaboración coa recoñecida galería Malborough.

Do seu estilo, a institución sinala que "inspirado na arte popular, subtrae do imaxinario colectivo ideas que toman forma en escultura rotundas, toscas, orixinais. Principalmente o seu interese céntrase na figura humana, pero Leiro tamén representa arquitecturas e escenografías nas súas composicións e estruturas. Nas obras do escultor maniféstase o dominio da luz e dos materiais cos que traballa. A liberdade e a forza que desprenden convidan a ser contempladas desde todos os ángulos. Por ese xeito de crear, unida á crítica social dalgunhas das súas propostas, foi vinculado ás correntes surrealista e expresionista".

Entre os recoñecementos que o autor recibiu ao longo da súa carreira, destaca a Medalla das Belas Artes da CEOE (1989), la Medalla Castelao (2000) o ou Premio das Artes naa XI edición Galegos do Mundo (2003).

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Leiro, Belas Artes, Francisco Leiro, Academia de Belas Artes...