A implantación territorial do Centro Dramático Galego e a súa presenza alà onde non era posible levar as producións da cabeceira galega do teatro público eran algúns dos retos cos que Fran Núñez comezaba a súa andaina á fronte do CDG en 2020. Asà o recoñecÃa nunha entrevista concedida a este medio xusto antes do inicio da pandemia na que afirmaba a necesidade de buscar xeitos para que o Centro chegase "doutros xeitos" a moitos concellos de Galicia. Agora, baixo a súa dirección, fÃxose bo o axioma de Mahoma e a montaña movendo a poboación ao teatro por medio do autobús. AsÃ, preto de vinte concellos, dous centros de ensino e o Centro Sociocomunitario de Ferrol sumáronse xa ás viaxes en autobús organizadas polo CDG para ver a súa ambiciosa produción en cartel, 'A peste', que se representa na sede da institución, no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Con esta iniciativa, o CDG quere facilitar o achegamento da cidadanÃa galega ao teatro ao tempo que promove a creación de público para un espazo de exhibición de referencia en Compostela como é o Salón Teatro. As persoas participantes benefÃcianse dun desconto do 40% no prezo da entrada, coa viaxe en autobús incluÃda.
Ata o momento desprazouse a gozar do espectáculo veciñanza de Gondomar, VilagarcÃa de Arousa e Boiro, asà como alumnado do instituto IES Audiovisual de Vigo. Este venres chega público procedente de Ribeira e de Malpica de Bergantiños, e o sábado, de Rianxo e Mos. A vindeira semana será a quenda de Vedra e Culleredo, o dÃa 25, e de Ares e MesÃa, o 26. Para a primeira fin de semana de marzo prevese o desprazamento de alumnado do instituto IES Ramón Cabanillas de Cambados e de veciñanza de Sada, o venres, e de Santiso e Outes, o sábado. O Centro Sociocomunitario de Ferrol achegarase ao Salón Teatro o mércores 9. Xa por último, na xornada do 11 o autobús do CDG viaxará desde Oleiros, e na do 12, desde Carral e Cee. A montaxe inspirada na obra homónima de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, retoma este mércores o calendario previsto de funcións e permanecerá en cartel no espazo compostelán ata o 13 de marzo.