A Xunta declara o castelo da Rocha Forte Ben de Interese Cultural

Considera o castelo "un dos mellores exemplos de fortalezas defensivas de Galicia"

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Castelo da Rocha Forte

Castelo da Rocha Forte

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución pola que se inscribe o castelo da Rocha Forte (Santiago de Compostela) no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia. O castelo figura na documentación desde o século XIII e foi obxecto de varias campañas arqueolóxicas que revelaron as súas fases construtivas e un importante conxunto arquitectónico e de obxectos de época medieval, desde armas ou proxectís ata obxectos da vía cotiá que revelan o seu uso como residencia señorial dos arcebispos de Santiago. A delimitación do novo ben cultural é a establecida previamente no plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha Forte do Concello de Santiago. A resolución prevé ser actualizada en función de novos achados arqueolóxicos que puideran modificar o perímetro e a área de protección.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Ben de Interese Cultural, Bens de Interese Cultural, Concello de Santiago...