O TSXG ditamina que lle corresponde á Xunta reparar o Pazo de Lourizán

Medio Rural iniciou traballos no conxunto pontevedrés por valor de 208.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Pazo de Lourizán. Fonte: Deputación de Pontevedra

Pazo de Lourizán. Fonte: Deputación de Pontevedra

A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aceptou o recurso que presentara a Deputación de Pontevedra logo de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lle requirise aá entidade provincial a realización de obras de conservación no Pazo de Lourizán. O fallo determina que lle corresponde á Xunta abordar estes traballos no marco do convenio polo que o pazo, os seus xardíns e as instalacións anexas lle foron cedidas pola Deputación.

A sentenza difundiuse este martes 9 de febreiro, e na semana anterior a Consellería de Medio Rural iniciou xa traballos no pazo por valor de 208.000 euros. As tarefas que se abordaron son a reposición da cuberta, limpeza de baixantes, impermeabilización de carpintaría ou renovación de luminaria, e agárdase que estean rematadas no segundo trimestre do ano.

A Deputación de Pontevedra, pola súa banda, denunciou que, ao seu ver, o investimento é insuficiente polo estado no que se atopa o conxunto, e considera necesario un investimento de 14 millóns de euros para unha axeitada recuperación.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TSXG, Medio Rural, Deputación de Pontevedra, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)