A Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitiu a trámite o recurso que presentou a Confederación Intersindical Galega polas encomendas que a ConsellerÃa de Cultura está a realizar a empresa TRAGSATEC no ámbito da xestión patrimonial. Segundo denuncia o sindicato,a ConsellerÃa realizou desde 2018 encomendas a esta firma por un valor total que supera os 1,5 millóns de euros para desenvolver informes sobre o impacto patrimonial de diferentes obras, "un traballo que terÃa que ser realizado por arquitectas/os e arqueólogas/os funcionarias/os, pero que se externaliza a empresa que non ten entre os seus fins realizar traballos deste tipo".
Estas encomendas, tal e como recollera Culturagalega.gal na súa análise dos orzamentos para 2021, coinciden ademais cun importante descenso nos fondos para persoal da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
A CIG denuncia que a delegación de funcións da ConsellerÃa suple as importantes carencias de persoal especializado deste departamento. Segundo o sindicato o número de "arqueólogos (arredor de 15 entre servizos centrais e xefaturas territoriais) é manifestamente insuficiente para cubrir todas as necesidades de inspección e elaboración de informes. Unha situación agravada polo aumento enorme de expedientes de obra co recoñecemento e delimitación de máis camiños que o francés e co aumento da distancia de influencia".
A situación, lembra a CIG, fai que "o persoal arqueólogo de TRAGSATEC está emitindo informes técnicos sobre as obras e actuacións que afectan a bens integrantes do patrimonio cultural de Galiza" aos que "a Dirección Xeral está dando a mesma validez que aos elaborados polo persoal de arqueoloxÃa da Xunta e sobre os que se basea a directora xeral para resolver solicitudes".