A mestra e escritora Nones Araújo (Riós, 1953) é a gañadora da 47ª edición do Premio de narración curta Modesto Rodríguez Figueiredo, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro. O relato "Paseniño... a desmemoria" acadou o favor do xurado entre as 57 obras presentadas este ano ao certame. Segundo a resolución, o relato de Nones Araújo é unha narración "sen artificios, natural e realizada cunha linguaxe de moita calidade". O premio deuse a coñecer no Concello de Silleda, colaborador deste lonxevo certame de carácter itinerante. Nones Araújo é mestra xubilada e ten gañado anteriormente o premio Ánxel Fole de narración curta. A súa obra será premiada con 1.000 euros. O xurado outorgou tamén dous accésit polo relato 'A pérfida gringa', de Mariña Pérez Rei e 'O fado das marafonas', de Xosé Lois Rúa Nuñez. cada un deles levarán 400 euros por este recoñecemento.