Quiosco: Raigame número 46

Varios artigos explican as últimas investigacións arqueolóxicas na provincia

7/2/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: historiapatrimonio
22 lecturas | Compartido 0 veces

Cuberta do número 46 de Raigame

O número 46 da revista Raigame, coordinada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e editada pola Deputación de Ourense, continúa e completa o especial monográfico dedicado á arqueoloxía iniciado no número anterior. Desta volta, presenta os resultados de intervencións arqueolóxicas e campañas de prospección en toda a provincia ourensá. Entre os artigos publicados, Yolanda Álvarez explica as intervencións en San Cibrán de las, Montserrat Adalid detalla as partes do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, israel Picón explica as campañas no Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita), Juan antonio Seara e Manuel Gallego falan sobre o conxunto rupestre do castro de Cerdeira e Joao Fonte, José Manuel Costa-García e Manuel Gago explican o conxunto de acampamentos militares romanos localizados en Ourense nos últimos anos.

Universo culturagalega.gal

29/02/2024

Quiosco: Raigame número 47

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo pecha a triloxía dedicada ás novidades arqueolóxicas da provincia de Ourense

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego