O Concello reabre o complexo musical Vigosónico

A Fundación Paideia achegará nestas instalacións un curso de emprendemento dixital á escena local

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Instalacións de Vigosónico

Instalacións de Vigosónico

Só uns días despois de rexeitar unha moción do grupo municipal da Marea a solicitar a reapertura do complexo Vigosónico, o Concello Olívico anunciaba este 3 de febreiro a reactivación destas instalacións. O rexedor local, Abel Caballero, presentaba onte en rolda de prensa un programa de formación sobre emprendemento musical que convoca a cámara municipal en colaboración coa Fundación Paideia no marco do Espazo Coworking Go2 Work e que devolverá a actividade a este espazo.

Fechado desde o comezo da pandemia por considerar que non cumpría as condicións axeitadas de hixiene, Vigosónico acolle salas de ensaio, formación e gravación. Ademais, Caballero asegurou que para finais do mes de febreiro recuperarase a actividade das salas de ensaio, un servizo que leva tempo a ser reclamado polo colectivo Grupos de Vigo en Loita.

O alcalde anunciou que se realizaron melloras na filtración de aire e que se instalarán medidores para garantir a calidade do mesmo e minimizar os riscos de contaxio nestes espazos. O colectivo que representa os músicos vigueses sinalou o seu escepticismo sobre o alcance real desta reapertura, xa que temen que non implique a recuperación do horario completo de actividade deste espazo.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Paideia, Abel Caballero, Ensaio, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)