A ConsellerÃa de Cultura, encabezada polo conselleiro Román RodrÃguez, presentou esta mañá na Cidade da Cultura, diante de representantes do sector cultural, as iniciativas do goberno autonómico en materia cultural para optar nas vindeiras convocatorias de fondos europeos, a maiores das que xa se están a desenvolver neste momento. O executivo sinalou que foron deseñados oito novos proxectos por un importe de 197 millóns de euros, e que foron enviados xa ao Goberno Central para presentalos ás convocatorias. "Trátase de Cultura circular, para a dixitalización da cultura, impulsando ferramentas de creación e difusión de contidos dixitais; Cultura Emerxente, para difundir o resultado dos procesos creativos dentro e fóra de Galicia, favorecendo a súa exportación; Museo +, para potenciar a súa innovación; A nosa pegada, para a mellora de bens singulares do patrimonio; ConfÃns dos verdes castros, para a recuperación do patrimonio arqueolóxico, e Ribeira Sacra, para reforzar a conservación na súa candidatura a Patrimonio Mundial". Vinculados a estes proxectos creáronse oito grupos de traballo divididos en Audiovisual, Artes Escénicas, Libro, Música, Institucións culturais (bibliotecas, fundacións culturais, arquivos e museos), Artes Visuais, Patrimonio Cultural e Lingua. Estes grupos producirán un documento final consensuado que se remitirá ao Goberno do Estado.