O Álbum de Galicia recupera a pioneira da aviación Elisa Patiño

A pontevedresa foi a primeira aviadora acreditada no Estado

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Elisa Patiño. Fonte: Álbum de Galicia.

Elisa Patiño. Fonte: Álbum de Galicia.

O 12 de outubro de 1913 Elisa Patiño facía historia ao ser a primeira muller da historia de Galicia en pilotar un aeroplano. Nesa xornada púñase aos mandos do Blériot doutro pioneiro da aviación galega, José Piñeiro, e realizaba un voo sobre Sanxenxo. O Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega reivindica agora esta figura cunha breve biografía, fotografías, documentación sobre ela e ligazóns para saber mais encol da súa vida.

Patiño, nada en Pontevedra, conseguiría poucos anos despois o título de aviadora, logo de acreditar cincuenta horas de voo, converténdose na primeira muller do Estado con este título. A coñecida como Chichana, destacou tamén pola súa sensibilidade artística e as súas capacidades musicais, ademais de desenvolver un activo labor filantrópico ao longo da súa vida. A aviadora faleceu en 1919 por mor da epidemia de Gripe Española.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A voz da liberdade

A voz da liberdade

O Consello da Cultura homenaxea a Tereixa Navaza cunha xornada

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álbum de Galicia, Historia de Galicia, Consello da Cultura Galega, Sanxenxo...