Publicamos o ensaio Breve apunte para unha futura historia do cómic galego

O texto, de Breixo Harguindey, fai un percorrido pola historia da nosa BD

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Hai xa dez anos, o crítico de cómic Breixo Harguindey elaboraba, no marco da materia Cultura e sociedade galega que impartía Rexina Rodríguez Vega na Universidade Autónoma de Barcelona, un traballo pioneiro encol da historia da nosa BD. Breve apunte para unha futura historia do cómic galego é un texto de 29 páxinas no que se realiza un primeiro achegamento a esta materia, incluíndo unha bibliografía e unha cronoloxía, así coma o texto do catálogo O cómic galego (1973) ou unha escolma de textos de Reimundo Patiño encol da novena arte. Agora, atendendo ao seu interese e co permiso do autor, presentamos esta obra no soportal BD en formato pdf.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Ensaio, Universidade Autónoma de Barcelona, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)