Os Premios Feroz da Asociación de Informadores Cinematográficos de España, que no audiovisual estatal están consideradas como aqueles que marcan o camiño dos Goya veñen de repartir os seus galardóns o pasado sábado. Malia que ningunha produción propiamente galega puido levar premio este ano o palmarés deixa algúns nomes que si están relacionados coa nos terra. O máis destacado é o da actriz coruñesa MarÃa Pujalte (A Coruña, 1966), que foi recoñecida como Mellor actriz de reparto dunha serie (TV) polo seu traballo na comedia "Venga Juan". Ademais dela o director ourensán de nacemento Rodrigo Cortes (Pazos Hermos, 1973), tamén foi recoñecido polo seu traballo na dirección da longametraxe 'El amor en su lugar (Love Gets a Room)'. Non puido recoller premio de xeito individual o actor LuÃs Tosar pola súa intensa interpretación protagonista en 'Maixabel', pero canda menos a pelÃcula recibiu o Premio Feroz a Mellor PelÃcula Dramática.