
Pilar MartÃnez Conde 'Pilocha' (Vigo, 1957) e Ramiro 'Miro' Casabella, (O Valadouro, Lugo. 1946) subirán ao escenario con cadansúa banda para interpretar os seus respectivos discos Ãntegros, recuperando os repertorios orixinais mais con arranxos actuais e con colaboracións únicas. Concertos que permitirán comprobar a vixencia destes dous traballos musicais, cada un no seu estilo, como xeito de reivindicación do seu papel decisivo do novo rumbo da música de autor galega ata os nosos dÃas (Miro Casabella), e do que foi o jazz-fusión galego (Pilocha). Tanto Pilocha como Miro Casabella visitaron onte o escenario no que actuarán e lembraron os comezos das súas carreiras musicais explicando que "cantar en galego naquel momento era totalmente reivindicativo" e animando ao público a asistir e recuperar "cancións que nos acompañan desde entón e que xa forman parte do noso acervo cultural".