Todos os domingos do mes de maio estarán dedicados ao jazz no Teatro Colón da Coruña. A área de Cultura da Deputación Provincial ven de presentar o ciclo Maio Jazz, o que é a recuperación dunha programación musical con estabilidade por parte dunha entidade pública, Os concertos serán de entrada gratuÃta ata completar aforo (limitado) e con previa retirada de convites. O dÃa 2 arrancará con Oîma, o trÃo composto por AntÃa Ameixeiras (violÃn), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico) coa presentación do seu traballo Ala!; o dÃa 9 tocaralle o quenda a Pablo Sanmamed co espectáculo Ben Vennas Maio, un proxecto que suma música, fotografÃa e poesÃa e trae o jazz ao encontro coa música antiga a través das Cantigas de Afonso X. O dÃa 16 será o momento da Cello&Electronics da viguesa Margarida Mariño antes de que o 30 de maio a coruñesa MarÃa Toro peche con Fume esta primeira edición do ciclo.
"Comprácenos presentar un novo ciclo, en primeiro lugar, porque, neste tempo xa é unha boa noticia dar conta de algo que nace porque apunta ao proceso de recuperación que a música ao vivo precisa e, máis aÃnda, se é un programa da calidade que agora presentamos e que fala da altura da música de jazz que se fai no noso paÃs", sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto que presentou o ciclo no Teatro Colón xunto con AntÃa Ameixeiras de Oîma, Pablo Sanmamed e Margarida Mariño. Na presentación, AntÃa Ameixeiras de Oîma anunciou para o vindeiro domingo un espectáculo que vai contar con videocreación en directo que formará parte dun "concerto moi especial de estrea co que agardamos que o público goce xa que a idea é transmitir moitas sensacións", dixo. Pola súa parte, Pablo Sanmamed animou a "ir ao teatro e asistir a este ciclo no que é unha honra participar con traballo sobre as cantigas de Afonso x e a chegada dun maio fÃsico e espiritual, a chegada da primavera coa súa connotación festiva". Finalmente, Margarita Mariño adiantou que en Fume interpretará un avance do seu repertorio "que mestura improvisación, tradicional, clásico... mesturando o violonchelo con electrónica" cun deseño especial de luces.