Un informe municipal sobre as visitas aos museos de Vigo apunta que as visitas a estes centros durante 2021 duplicaron as que se realizaron no ano anterior. En total foron 120.664 as entradas aos museos municipais durante o pasado ano fronte ás 69.520 de 2020. Aínda que os datos dese ano supuxeron un descenso acusado por mor da pandemia, as cifras de 2021 seguen a ser inferiores ás de 2019, cando os rexistros eran de 265.624.
Segundo recolle La Voz de Galicia nunha nova este 28 de xaneiro, ningún dos oito espazos, sete municipais e un autonómico, chega a reunir máis de cen visitantes ao día. Á cabeza das visitas está a Casa da Artes, aínda que das 57.000 visitas que tivo unhas 45.000 foron en decembro, a coincidir coa exposición anual do Belén Monumental da cidade.
O MARCO, con 86 visitas ao día e o Museo do Mar (de titularidade autonómica), con 80, son os seguintes que contan máis entradas. A Pinacoteca Fernández del Riego, con case oito visitas diarias, o Verbum, que non chega ás dez, están entre os centros menos visitados da cidade.