O sector editorial en lingua galega mantese cunha gran estabilidade ao longo do último quinquenio, tal e como se pode deducir dunha comparativa entre os Informes de Comercio Interior da Federación de Gremios de Editores entre o 2017 e o 2021, acadando as cifras máis positivas do periodo no pasado 2021. En 2021 o sector incrementou a facturación (16,6 millóns de euros), aumentándoa en 600.000 euros con respecto ao exercicio anterior, dentro dun contexto moi estable (15,9 millóns de euros en 2017, 2018 e 2020, e 16,1 millóns de euros en 2019). Este incremento de facturación veu acompañado cunha lixeira recuperación no número de tÃtulos editados (769 en 2021 fronte aos 712 de 2020) freando por primeira vez o descenso que viña acompañando as cifras da edición en galego durante a década de 2010. A tiraxe media amósase tamén estable durante estes cinco anos, con cifras similares ás 1206 copias de 2021. Se nos datos retiramos o libro de texto non universitario, observaremos que a proporción do catálogo non educativo medra, desde o 79,22% de 2017 ata a cifra actual do 82,70%. A porcentaxe de tÃtulos en galego no conxunto da edición estatal medrou tamén, dentro dunha escala modesta. En 2021 foi o 1,4%, fronte o 0,7% do 2020.