A Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura, acollerá este ano a grande exposición de homenaxe a Luz Pozo Garza polo seu centenario. A mostra recollerá varias pezas persoais cedidas no seu momento pola propia autora ao centro. A consellería de Cultura anunciaba a iniciativa este 24 de xaneiro logo da xuntanza que mantiveron os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo M. Lorenzo e Valentín García, co comité científico da mostra.
Para alén de material que a poeta cedeu á Biblioteca en 2016, a exposición contará tamén con "achegas diversas de persoas próximas á autora, doutras bibliotecas e arquivos de Galicia, así como a documentación audiovisual sobre a súa figura que poida ser compilada para a celebración", segundo adiantou a Consellería.
O comité científico traballa agora nun programa actividades paralelas a esta proposta, para o que prevé organizar mesas redondas, sesións de música, ou "a posibilidade de incorporar algunha iniciativa do eido editorial".
O Comité Científico das actividades está composto por Carmen Blanco (directora), Xesús Alonso Montero, Xosé María Álvarez Cáccamo, Mª del Carmen Calviño Rodríguez, Antonio Deaño Gamallo, Víctor Fernández Freixanes, Mar García Miraz, Pilar García Negro, Aurora López López, Olga Novo Presa, María Novo Villaverde, Manuela Palacios González, Andrés Pociña Pérez, Fernando Recamán Solla, Armando Requeixo Cuba, Claudio Rodríguez Fer, Olivia Rodríguez González e Darío Villanueva Prieto.