A mostra 'O camiño e as artes' reúne unha ollada multidisciplinar sobre a peregrinación xacobea

Máis dunha trintena de artistas de Galicia e Portugal expoñen as súas creacións en Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteXacobeo
Compartir:
Museo de Pontevedra

Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra vén de abrir no claustro do Edificio Sarmiento a décimo primeira edición de 'Camiños. O camiño e as artes', unha mostra colectiva e multidisciplinar promovida pola Asociación do Camiño Portugués a Santiago que reúne a visión de máis dunha trintena de artistas, creadoras e creadores de Galicia e Portugal sobre a peregrinación a Santiago de Compostela. fotografía, pintura, poesía, danza, artesanía e escultura conforman unha proposta que lembra a través de distintas miradas, a transcendencia dun itinerario secular herdeiro de calzadas e vías antigas como a que vertebraba a Gallaecia e que transcorría por esta cidade dende o país veciño. A exposición estará aberta no Museo ata o 21 de marzo, ata cando se desenvolverán tamén varias actividades complementarias: dous concertos, un recital de poesía, a presentación do catálogo e unha exhibición de danza. Despois a mostra irá a Barcelos, Ponte de Lima e Lisboa de maneira itinerante.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Danza, Poesía, Fotografía...