Limiar Teatro trae Pangeia a Galicia

O Salón Teatro acolle a coprodución de Limiar Teatro e de Acaso Danza

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Limiar Teatro trae Pangeia a Galicia

Logo de xirar por Portugal e Brasil, chega ao Salón Teatro de Compostela Pangeia. A coprodución dos galegos Limiar Teatro cos brasileiros Acaso Danza estréase mañá no Teatro Principal de Santiago, onde se poderá ver ata o vindeiro 19 de abril. O proxecto fusiona teatro, danza e música da man de sete artistas para crear "un gran evento que busca profundizar nos camiños que nos unen a Galicia, Brasil e Portugal . Nos camiños da terra, da humanidade, do home dende unha perspectiva contemporánea e multidisciplinar que integre teatro, danza, música, cociña e diferentes acentos e idiomas".

As dúas compañías crearon o proxecto en residencias artísticas en Brasil, Galicia e Portugal, e contan coa coprodución co Centro Dramático Galego, a Asociación de produtores do Pernambuco APACEPE, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife, e o Teatro da Malaposta de Lisboa. Tamén conta coa colaboración das residencias artísticas Gerarte de Viana do Castelo (Portugal), Casa Colorida de Nigrán (Galicia), Centro Cultural Nautilus de Vigo e co apoio do Concello de Gondomar.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Eran catro (e da Xunqueira)

Eran catro (e da Xunqueira)

Tradición oral, paisaxes sonoras e artes escénicas súmanse no proxecto transnacional de Limiar Teatro