Pérez Varela di que aumenta o número de turistas en agosto e diminúen as entradas aos museos coruñeses

Menos e máis

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Datos e datos. Rematado o mes de agosto, comezan a aflorar as estatísticas que dan conta de cantos visitantes viñeron, onde estiveron e que consumiron. Segundo os datos ofrecidos polo conselleiro de Cultura, o número de turistas medrou en agosto. Un aumento dun 30% no turismo rural, e dun 6% en hoteis e, sen cifra, nos cámpings, aínda que tamén medrou. Pero malia o aumento dos visitantes en Galicia, os museos científicos da Coruña perderon visitantes. Exactamente, 16.000 menos, que supón un descenso dun 7.6% con respecto ao ano pasado.

Máis información sobre os datos do turismo en Galicia Hoxe e sobre a perda dos visitantes nos museos científicos en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Turismo, Galicia Hoxe

Claves

Entidades
Conceptos